InicioSucesosDetido no San Froilán un home disfrazado de personaxe da Patrulla Canina...

Detido no San Froilán un home disfrazado de personaxe da Patrulla Canina por facer tocamentos a menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 34 anos de idade, domiciliado en Madrid, como presunto autor dun delito de agresión sexual, por realizar tocamentos a menores que se achegaban a el, que ía disfrazado de personaxe infantil, para facerse unha foto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 34 anos de idade, domiciliado en Madrid, como presunto autor dun delito de agresión sexual, por realizar tocamentos a menores que se achegaban a el, que ía disfrazado de personaxe infantil, para facerse unha foto.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron este domingo, cando a Policía tivo coñecemento de que unha persoa, disfrazada dun dos personaxes da Patrulla Canina, do ‘can policía’, ofrecíase para facerse fotos con nenos. Así, o sospeitoso aproveitaba ese contacto para realizar tocamentos aos menores.

Unha nai requiriu a unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio, que estaba de servizo no recinto feiral de San Froilán, e informou os axentes de que esa persoa disfrazada fixera tocamentos, en dúas ocasións, ás súas fillas menores.

Varias dotacións do 092 iniciaron a procura do sospeitoso, que foi localizado en cálea Doutor Portela, e procederon á súa detención por suposta agresión sexual a menores.

EN LIBERDADE CON PROHIBICIÓN DE ACHEGARSE A MENORES

O detido foi trasladado a dependencias da Policía Nacional, desde onde foi posto a disposición do xulgado de instrución 1 de Lugo.

O xuíz decretou a súa posta en liberdade, en calidade de investigado, e impúxolle como medida a prohibición de manter contacto con nenos e nenas menores de 16 anos. A causa séguese por un suposto delito de agresión sexual, confirmaron fontes xudic

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...