InicioSucesosDetidos por tráfico de drogas os donos dun bar de Vilalba, onde...

Detidos por tráfico de drogas os donos dun bar de Vilalba, onde se atopou cocaína e armas non autorizadas

Axentes da Garda Civil detiveron a dous veciños de Vilalba (Lugo), de 38 e 27 anos de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, no marco dunha inspección realizada a un local de hostalaría deste municipio, do que son propietarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a dous veciños de Vilalba, de 38 e 27 anos de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, no marco dunha inspección realizada a un local de hostalaría deste municipio, do que son propietarios.

Segundo informaron fontes da Comandancia, levou a cabo unha inspección no establecemento, no que se localizaron, no almacén e na oficina do mesmo, 15 envoltorios con cocaína, diversos billetes, recortes de plástico e medicamentos susceptibles de ser utilizados para cortar a droga. Así mesmo, os axentes atoparon armas non autorizadas.

Os donos do local foron detidos e tamén se tramitaron denuncias administrativas polas tenencias das armas, así como por outras infraccións como carecer de cartelaría, seguro, ou extintores, e infracción da lei de estranxeiría. Está previsto que os detidos pasen ao longo deste luns a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...