Axentes da Policía Local identificaron en Lugo a cuatra persoas tras unha discusión polos ruídos nun piso, segundo informa no seu parte de incidencias.
Sobre as 23.45 do mércores, os axentes desprazáronse ata o lugar alertados dunha forte discusión entre varias persoas, das que parte de ausentaron ante a presenza policial.
Finalmente, os axentes procederon á identificación de catro persoas dun grupo e unha persoa da outra parte, ao parecer enfrontados entre eles, xa que, segundo a información recibida, o último subiría ao piso superior, onde residen os outros, para chamarlles a atención polas molestias que causaban co ruído, o que non lle permitía descansar.
Segundo os residentes no piso superior, a outra persoa ameazáraos cun pau. Esta admitiu subir co pau golpeando a escaleira para chamar a atención, pero sen intención de ameazar a ninguén. Ambas as partes manifestaron a súa intención de denunciar os feitos.
Por outra banda, durante a mañá do martes, axentes da Policía de Barrio iniciaron as investigacións para a localización dun vehículo e identificación dos seus ocupantes, xa que, segundo denuncia recibida, o turismo estivera a piques de atropelar a un peón nun paso peonil da rúa Escultor Asorey.
Tras o sucedido, o viandante recriminara o acto ao condutor do vehículo, que, acompañado doutra persoa, descendeu do automóbil e agrediu ao peón, despois de ausentáronse do lugar.
CANS
Mentres, durante a xornada do martes, os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron a un establecemento hostaleiro na rúa Reverendo Xosé Castiñeira, para comprobar o estado dun can no interior do almacén do local. O animal estaba ben aínda que había algunha deposición do propio can no chan.
Ademais, levantaron acta-denuncia no caso dun can que ía solto pola avenida da Coruña e cuxo dono tampouco levaba correa. Ante os axentes alegou que o animal era “moi obediente”.