Home Lugo e contorna Deteñen a un vilalbés de 51 anos por forzar unha capela para quedar coas esmolas dos fieis

Deteñen a un vilalbés de 51 anos por forzar unha capela para quedar coas esmolas dos fieis

0
Deteñen a un vilalbés de 51 anos por forzar unha capela para quedar coas esmolas dos fieis

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Vilalba, de 51 anos de idade, por forzar unha capela para quedar coas esmolas dos fieis.

Segundo informou este corpo de seguridade, o veciño, de San Simón, está acusado de ser o autor dun delito de roubo con forza nunha capela o pasado mes de xuño.

Así, o relato da Garda Civil apunta que este home é, supostamente, a persoa que quedou coas esmolas da capela.

+ posts