InicioEconomíaO xigante aeronáutico Boeing instalarase na base de Rozas

O xigante aeronáutico Boeing instalarase na base de Rozas

A compañía norteamericana obtén a licitación e 6,2 millóns de euros da Xunta para comezar a traballar no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro, incorpora un novo socio industrial para o polo tecnolóxico. Trátase de Boeing, o segundo fabricante mundial de aviación, lixeiramente por detrás do consorcio europeo Airbus. A Xunta concedeu a licitación por concurso á compañía norteamericana, que desenvolverá tecnoloxías para a compatibilidade entre aeronaves non tripuladas e as de tipo convencional.

O proxecto de Boeing conta co apoio de 6,2 millóns de euros da Xunta de Galicia, como informou a TVG. Supón a primeira licitación dentro do esquema de compra pública innovadora, para o que a Xunta reserva un total de 24 millóns.

Operadores no CIAR

Aeródromo de Rozas, en Castro de Rei, sede do Criterium Aeronáutico de Galicia | Gaerum
Aeródromo de Rozas, en Castro | Gaerum

Na actualidade, o CIAR está en construción con con 10 millóns de euros a cargo do orzamento autonómico, coa perspectiva de que sexa operado polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).

Asemade, o goberno galego participa asemade nun programa de investigación con 40 millóns de euros, en conxunto cos 75 que achegan as corporacións Indra e Babcock. A Xunta conta con estas empresas para asesorar a aceleradora do sector aeronáutico que se instalará provisionalmente no Pazo de Feiras en Congresos.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, considera que a chegada de Boeing a Rozas posicionará a Castro e a Galicia como referentes no desenvolvemento de tecnoloxías para drons, aeronaves non tripuladas. “Boeing vai traballar no desenvolvemento de control dos sistemas aéreos para a compatibilidade de avións tripulados e non tripulados, un aspecto que neste momento está marcando o futuro”, declarou á TVG.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...