InicioLugo e contornaLugoDetención de tres homes en Vilalba por retención ilegal a unha menor...

Detención de tres homes en Vilalba por retención ilegal a unha menor de idade

Axentes da Garda Civil detiveron a tres veciños de Vilalba (Lugo), de 34, 35 e 60 anos, por retención ilegal a unha menor de idade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a tres veciños de Vilalba, de 34, 35 e 60 anos, por retención ilegal dunha menor de idade.

Os feitos ocorreron o 3 de setembro, cando a vítima paseaba polas inmediacións do campo da feira, a finais das festas de San Ramón, cando dous homes e unha muller a introduciron no interior dun furgón.

Posteriormente, aproveitando un descoido, a vítima conseguiu abrir a porta traseira e fuxir do vehículo, tras o que avisou aos seus familiares. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

DELITO DE FURTO

A Garda Civil detivo na localidade de Ribadeo a un veciño da Coruña, de 20 anos, como suposto autor dos delitos de furto dun vehículo a motor e outro contra a seguridade viaria ao non obter nunca permiso ou licenza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...