InicioLugo e contornaLugoLugo acolle este xoves e venres unha conferencia europea sobre envellecemento e...

Lugo acolle este xoves e venres unha conferencia europea sobre envellecemento e despoboamento

A comisaria de Demografía da UE, Dubravka Suica, e o ministro de Exteriores, José Manuel Albares, participan o xoves na inauguración

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vello Cárcere de Lugo acolle este xoves e venres unha conferencia europea de alto nivel sobre envellecemento e despoboamento na que participará a comisaria de Democracia e Demografía da Unión Europea, Dubravka Suica, así como o ministro de Exteriores en funcións, José Manuel Albares. A cita arrincará na tarde do xoves coa inauguración, na que, ademais da comisaria europea e o ministro participará o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

Diso informou a institución provincial nun comunicado, no que destaca que no encontro, organizado con motivo da Presidencia Española do Consello da Unión Europea, debateranse e tomarán decisións para o coidado das persoas maiores en Europa e tamén para á cohesión territorial e a loita contra o despoboamento.

Tras a inauguración na tarde do xoves, na mañá do venres desenvolveranse dous paneis técnicos. O primeiro será Envellecemento, lonxevidade e demografía na Axenda Europea, que arrincará ás 10.00 horas e que contará coa participación de Miguel Ángel Cabra Luna, Conselleiro do Comité Económico e Social Europeo en representación de CEPES (Confederación Empresarial Española da Economía Social). Ademais, estarán a presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) de Galicia, Verónica Marcos; a presidenta desta entidade en España, Teresa López; e o coordinador do Centro Internacional sobre o Envellecemento (CENIE) da Universidade de Salamanca, Juan Martín.

O segundo, previsto a partir das 11.00 horas, será o de Economía prateada e a problemática asistencial dos maiores, e contará coa participación do deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o director do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), Luís Alberto Barriga; o presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG), José Augusto García; o director Médico e de Calidade de Sanitas Maiores, David Curto, e a concelleira de Inclusión, Benestar Social e Persoas Maiores de Lugo, Olga López.

Ademais, segundo sinalou a Deputación de Lugo, despois dos paneis haberá conclusións e clausurará o evento o secretario de Estado para a Unión Europea, Pascual Navarro. O presidente da institución provincial, José Tomé, destacou que a conferencia “evidencia a importancia que ten a provincia para o Goberno central, pondo a Lugo no eixo de debate destes temas de gran relevancia como son o reto demográfico e o envellecemento da poboación“, apuntou.

“Ademais, os colectivos lucenses terán un papel protagonista nos foros, o que de seguro será moi proveitoso para o noso territorio”, sinalou o mandatario provincial. A Deputación tamén intervirá nun dos paneis para falar sobre as políticas sociais polas que aposta a institución provincial e incidirá no seu modelo de residencias.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...