InicioSociedadeUn equipo médico instalarase en Lugo para concienciar acerca da EPOC

Un equipo médico instalarase en Lugo para concienciar acerca da EPOC

Unha carpa a carón do Pazo de San Marcos ofrecerá probas gratuítas e informará sobre a EPOC, unha das enfermidades crónicas máis frecuentes ao tempo que descoñecida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A EPOC é unha das enfermidades crónicas máis frecuentes en persoas adultas e a OMS prevé que para 2030 sexa a terceira causa de morte no mundo. As principais causas son o tabaco ou a contaminación do fogar polo fume de combustible de biomasa, como a madeira ou o carbón vexetal.

De feito, un estudo realizado en 2014 polo Servizo de Neumoloxía do HULA revelou que un 20 por cento das doenzas diagnosticadas na provincia de Lugo foran provocadas polo fume de leña. Esta porcentaxe podería elevarse, xa que existen persoas afectadas que descoñecen que padecen esta doenza.

Os síntomas desta enfermidade son a tose, a expectoración e a dificultade para respirar ao realizar esforzos físicos. Golpe Gómez explicou que unha parte da cidadanía atribúe os problemas de respiración a cousas da idade, polo que sería posible que existisen casos sen detectar.

Para poñer fin a iso, os lucenses poderanse someter de balde a unha proba de detección precoz. A espirometría, que así se chama este exame médico, consiste en soprar a través dun aparello para medir a capacidade pulmonar dos pacientes, xa que a enfermidade provoca unha obstrución dos bronquios que dificulta a respiración.

Xornada con motivo do Día Mundial da EPOC

Porén, aínda segue a ser unha patoloxía pouco coñecida polo público. Co obxectivo de mudar este descoñecemento, a Deputación de Lugo únese á Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria na organización de actividades para conmemorar o Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC). Será o vindeiro mércores 14, no propio Pazo de San Marcos.

Nesta xornada participará un equipo de facultativos do HULA, que informará sobre esta doenza e mesmo realizará probas de detección da patoloxía a todo aquel que estea interesado. Rafael Golpe Gómez, neumólogo do HULA e coordinador do grupo de traballo EPOC da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (Sogapar), explicou que o fin perseguido con esta actividade é “tratar de concienciar á sociedade da importancia e a necesidade de apoiar e colaborar con este tipo de iniciativas, que dan visibilidade xa non só aos doentes, mellorando a atención aos pacientes, senón que promoven a comprensión da enfermidade e contribúen a informar á cidadanía”.

Na presentación desta programación tamén estivo presente o deputado de participación cidadá, Pablo Rivera Capón, quen remarcou “o compromiso do organismo provincial con todo o tecido asociativo lucense e con entidades como Sogapar, que traballan para dar a coñecer a EPOC entre a poboación e facer unha diagnose precoz”.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...