InicioSucesosUnha clienta négase a pagar 90 euros de conta nun local de...

Unha clienta négase a pagar 90 euros de conta nun local de Lugo porque a “serviron mal”

A policía local de Lugo informou aos responsables do establecemento para a formalización dunha denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local tiveron que trasladarse a un local de hostalaría de Lugo, sobre as 14,55 horas do martes, ao negarse unha clienta a abonar a conta.

Segundo informa, os feitos sucederon nun establecemento da praza da Constitución e o importe ascendía a case 90 euros, por un grupo de oito persoas.

A muller alegou que era porque lles serviron moi mal e que, por iso cubriran unha folla de reclamacións, aínda que logo cambiou de versión e dixo que non pagaba porque non lle funcionaba o cartón no móbil, que pasaría máis tarde pagar. Finalmente, informouse aos responsables do establecemento para a formalización dunha denuncia.

Ás 15,45 horas do mesmo día, os axentes tamén acudiron a un establecemento da avenida da Coruña, esta vez porque dous clientes se foron sen pagar, sendo seguidos por un dos camareiros, sen que puideron ser alcanzados.

Tras obter unha descrición dos clientes, tentouse a súa localización, sen que resultase posible, polo que o requirente foi informado da posibilidade de formalizar denuncia polo ocorrido.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...