InicioSociedadeUn lucense deberá indemnizar con 6.000 euros á vítima dunha agresión racista

Un lucense deberá indemnizar con 6.000 euros á vítima dunha agresión racista

A Audiencia impón a un veciño de Lugo 1.620 euros de multa e a obriga de indemnizar a un cidadán marroquí que sofre secuelas na visión

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un veciño da capital por unha agresión racista, pola que deberá pagar unha multa de 1.620 euros, ademais de indemnizar á vítima con 6.000 euros pola incapacidade temporal e as secuelas na visión. O agresor asumirá asemade os custes médicos, outros 1.560 euros.

Segundo consta no escrito da Sección Segunda do Xulgado de Instrucción Número 1 de Lugo, o condenado, un home de 36 anos sen antecedentes penais, atopábase nun bar da Avenida da Coruña cando dirixiu contra un marroquí estabelecido en Lugo as expresións “marcha para o teu país” e “moro de merda”. Seguidamente, arremeteu contra este residente de longa duración, que estaba sentado canda a barra, rematando os dous no chan.

O denunciante da agresión racista recibiu varios golpes na faciana, que ocasionarion diversas lesións no ollo esquerdo. As feridas tardaron setenta e un días en curar, pasando dúas semanas impedido para traballar. Mais a peor parte é que quedou con secuelas na visión, con alteracións postraumáticas, fotofobia e prexuízo estético pola alteración do iris.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...