InicioPolíticaPrado ironiza con que Sánchez "encérrase" nun auditorio en Lugo e contrástao...

Prado ironiza con que Sánchez “encérrase” nun auditorio en Lugo e contrástao cun Rajoy na rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pola súa banda, a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, ironizou con que o presidente do Goberno e candidato socialista á reelección, Pedro Sánchez, vaise a “pechar” nun auditorio en Lugo na tarde deste xoves, xornada na que recalou o ex presidente popular Mariano Rajoy na cidade das Murallas.

Nunha intervención na que cualificou de “talismán” ao dirixente popular co argumento da maioría conseguida en Oroso ou a recuperación da Deputación de Pontevedra, Prado observou que Sánchez “virá a pecharse”, porque “non pode saír á rúa” como Rajoy e manter o contacto coa xente.

“Virá pecharse, rodeado de militantes do Partido Socialista porque son os únicos que non lle din absolutamente nada do mal que está a xestionar este país. Volverá a pecharse aquí porque é incapaz de demostrar que pode estar á beira da xente”, salientou Prado, quen contrapuxo esta situación cun candidato, Alberto Núñez Feijóo, que “representa o sentir dos veciños na cidade á que vai”.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...