InicioSucesosInvestigados seis novos que subían a redes as súas conducións temerarias de...

Investigados seis novos que subían a redes as súas conducións temerarias de motos e quads na provincia de Lugo

Subían a redes sociais vídeos deles facendo derrapes, invasións do carril contrario, caballitos e diferentes manobras acrobáticas como conducir de pé ou sen usar as mans.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a seis novos por realizar conducións temerarias de motos e quads en diferentes sitios da provincia de Lugo. Así, subían a redes sociais vídeos deles facendo derrapes, invasións do carril contrario, caballitos e diferentes manobras acrobáticas como conducir de pé ou sen usar as mans.

A operación ‘Wheelie’ saldouse con seis investigados, de entre 20 e 31 anos, veciños de Lugo e Lalín (Pontevedra). En total, detectáronse 21 conducións temerarias, maioritariamente en rúas e estradas a capital lucense, Guntín, Portomarín, O Páramo e Friol. As dilixencias lévaas o Xulgado de 1ª Instancia de Lugo. Ante a gravidade dos feitos, procedeuse ao comiso de catro motocicletas.

“Ditas conducións realizábanse estando inmersos na circulación, contraviniendo as máis elementais normas de seguridade e coincidindo na zona non só con outros vehículos, senón tamén con usuarios vulnerables como ciclistas e peóns, chegando algún destes a recriminar as manobras efectuadas, con evidente risco de sufrir un accidente con consecuencias fatais”, informa a Garda Civil. O Código Penal establece que para este tipo de delitos nos cales se pon de manifesto o desprezo pola vida fíxense penas de cárcere entre os dous e o cinco anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...