InicioLugo e contornaLugoO PP designa outros 3 representantes na Deputación de Lugo: os alcaldes...

O PP designa outros 3 representantes na Deputación de Lugo: os alcaldes de Riotorto e Xove e o seu portavoz en Trabada

O PP nomeou este xoves outro tres deputados provinciais para o pleno da Deputación de Lugo. Trátase dos alcaldes de Xove e Riotorto, Demetrio Salgueiro e Clemente Iglesias, respectivamente, e do seu portavoz municipal en Trabada, José María Fernández.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP nomeou este xoves outro tres deputados provinciais para o pleno da Deputación de Lugo. Trátase dos alcaldes de Xove e Riotorto, Demetrio Salgueiro e Clemente Iglesias, respectivamente, e do seu portavoz municipal en Trabada, José María Fernández.

Trátase dos tres representantes que corresponden aos populares polo partido xudicial de Mondoñedo, despois de que este mesmo xoves fose elixido o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, como deputado pola demarcación de Vilalba.

O mércores, o PP lucense tamén facía público os seis deputados que lle corresponden polo partido xudicial da capital: Carmen José López (portavoz do PP en Sarria), Antonio Ameijide (edil en Lugo); e os rexedores José Pardo Lombao (Outeiro de Rei) Francisco Javier Balado (Castro de Rei), José Ángel Santos (Friol) e Jesús Manuel Núñez (As Nogais). Suplentes serán Héctor Corujo (O Incio), Olga Igrexas (Triacastela) e María José Gómez (Guntín).

Ademais, os rexedores do Incio e Triacastela está previsto que se incorporen ao longo do mandato, rotando con Carmen José López e Jesús Manuel Núñez. A nova corporación da Deputación de Lugo constituirase o próximo 30 de xuño e espérase que volva ser elixido presidente o socialista José Tomé, quen gobernou os últimos catro anos en coalición co BNG.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...