InicioSucesosDetido tras furtar unha botella de whisky e tentar agredir con ela...

Detido tras furtar unha botella de whisky e tentar agredir con ela ao empregado dun establecemento

A Policía Local detivo a outro home por desobedecer a orde de baixar o volume da música nunha festa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade, de 48 anos de idade, por un furto, danos e un delito de resistencia grave á autoridade, tras subtraer unha botella de whisky dun establecemento de alimentación e causar danos noutros.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado venres, cando a Policía recibiu un aviso para acudir á rúa Ramón Cabanillas, onde un home estaba a romper botellas nun establecemento e mostraba unha actitude moi agresiva.

Cando os axentes chegaron, o sospeitoso xa marchara, e o persoal do local informou os funcionarios de que, momentos antes, un home rompera varias botellas. Ao chamarlle a atención, o home marchouse.

Neses momentos, os policías recibiron un aviso para acudir a outro establecemento na rúa Ourense, onde un home cuxa descrición respondía ao mesmo que estivera en Ramón Cabanillas, estaba a causar problemas. O empregado que o retivo, explicou aos axentes que o sorprenderon tentando abandonar o establecemento sen pagar uns produtos. Ao intervir o empregado, o home encarouse con el, sacando unha botella de cristal da mochila que levaba, rompéndoa e ameazando ao traballador.

Os policías comprobaron que este home estivera momentos antes nun establecemento da Rolda do Carme, onde furtara unha botella de whisky. Por todo iso, foi detido e trasladado a dependencias policiais.

DESOBEDIENCIA E RESISTENCIA

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención doutro home, de 25 anos de idade, por resistencia e desobediencia grave. Os feitos ocorreron na mañá do domingo na rúa Monforte, cuxos veciños avisaron ao 092 pola celebración dunha festa no interior dunha vivenda, que estaba a causar moitas molestias.

Os axentes foron ao lugar e escoitaron música a moi alto volume. O responsable foi requirido para que baixase o volume, pero dirixiuse aos axentes faltándolles ao respecto, polo que foi denunciado.

O mozo obedeceu nun primeiro momento pero, pouco despois, a patrulla volveu ao mesmo domicilio tras novas queixas dos veciños, e puido comprobar que a música estaba aínda máis alta. Os axentes observaron a un grupo de mozos na rúa, entre eles, ao anteriormente requirido.

Ao perdirle que cesase as molestias, volveu mostrar unha actitude irrespetuosa e unha resistencia activa, polo que foi detido e trasladado a dependencias policiais. Veciños da zona tamén presentaron denuncias, xa que aseguraron que foran insultados e ameazados por ese mozo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...