InicioSucesosCirculaba en moto sen carné, seguro, ITV e co casco desabrochado

Circulaba en moto sen carné, seguro, ITV e co casco desabrochado

Aconteceu nunha estrada de Abadín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Abadín por delitos contra a seguridade viaria despois de ser sorprendido nun control na estrada N-634 cando circulaba en moto sen carné, seguro, ITV e co casco desabrochado.

Segundo informou este luns a Garda Civil de Lugo, o motorista, de 64 anos, nunca obtivo a licenza para manexar motos e viaxaba nunha coa ITV caducada desde fai sete anos. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución Nº 2 de Mondoñedo, onde en datas próximas será citado pel suposto autor dos feitos para a celebración dun xuízo rápido.

CONDUTOR REINCIDENTE

Tamén axentes da Policía Local de Lugo tramitaron dilixencias de denuncia contra un condutor, que foi interceptado circulando baixo os efectos do alcol e que, despois de ser multado, volveu coller o coche, desobedecendo a orde de inmovilización do vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...