InicioFeaturedAmplo seguimento na segunda xornada de folga do metal de Lugo e...

Amplo seguimento na segunda xornada de folga do metal de Lugo e os sindicatos esperan que a patronal “tome nota”

CC.OO. advirte de que "o seguinte paso" é convocar un paro de carácter indefinido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda xornada de folga no sector do metal na provincia de Lugo desenvólvese sen incidencias e cun amplo seguimento que os sindicatos cifran nun 90%. En declaracións a Europa Press, o portavoz de CC.OO. José Luís López espera que a patronal “tome nota” porque despois deste martes hai convocadas seis novas xornadas de paro e “o seguinte paso” é convertelo en indefinido.

A diferenza do primeiro día de folga, este martes conformáronse dous piquetes informativos “para abarcar todos os polígonos” e ás 12,30 horas desenvolverase unha manifestación no polígono da Campiña, ante a sede da patronal.

Os traballadores, varios centenares en cada piquete segundo os datos que manexan as organizacións sindicais, critican que non haxa “diñeiro para pagar o IPC” e avisan de que non cesarán nas súas protestas ata conseguir este punto, que é o que mantén bloqueada a negociación para un novo convenio.

En xornadas pasadas houbo varias reunións no seo do Consello Galego de Relacións Laborais, pero terminaron sen acordo. De non haber avances, haberá de novo paros este xoves 25 de maio, o 31, o 2 de xuño e o 6, 7 e 8.

+ posts

ÚLTIMAS

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...