InicioSucesosDetidos en Lugo dous homes tras a desarticulación dun punto de venda...

Detidos en Lugo dous homes tras a desarticulación dun punto de venda de drogas en abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo a dous homes, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tras a desarticulación dun punto de venda de drogas o pasado abril.

Segundo informa o corpo, a investigación desenvolveuse desde o citado mes, cando un dos agora arrestados foi detido por este mesmo ilícito nun dos puntos de venda da zona de Fontiñas. Xa o mércores desta semana, tras as correspondentes pescudas, os axentes procederon á detención da segunda persoa nunha operación na que se cubriron distintos lugares da cidade e municipios veciños.

A Policía Nacional considera que este segundo home encargábase de prover as sustancias estupefacientes a diversos traficantes a pequena escala. Na detención, incautóuselle unha pequena cantidade de droga que portaba encima para a venda inmediata. Posteriormente, durante os rexistros domiciliares, interviñéronselle máis de 50 gramos de cocaína, máis de 300 de haxix e diverso material empregado na manipulación e venda das sustancias.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...