InicioMedioambiente e PatrimonioUn veciño de Castro de Rei afronta 9 meses de cadea por...

Un veciño de Castro de Rei afronta 9 meses de cadea por ter unha especie protexida do Faisán do Himalaia

Está acusado dun delito contra a fauna e a flora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Lugo acollerá este venres o xuízo contra un home de Castro de Rei que, coñecendo a ilicitud da súa conduta, albergaba, outros especímenes, unha parella da especie Faisan Monal do Himalaia, incluída na Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). Fiscalía pide ao acusado nove meses de prisión.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Público, o home carecía dos certificados CITES e demais documentación que xustificase a procedencia legal dos especímenes. Estes foron achados en poder do acusado por axentes do Seprona da Garda Civil de Lugo, sobre as 13:00 horas do día 8 de outubro de 2021, cando se produciu a súa intervención.

Deste xeito, o fiscal considera ao veciño de Castro de Rei delito contra a fauna e a flora, polo que solicita nove meses de prisión, si como a accesoria de inhabilitación especial para o dereito a cazar e pescar durante 3 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...