InicioSucesosInterceptados en Lugo catro condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida

Interceptados en Lugo catro condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a catro condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida, tras levar a cabo un dispositivo nocturno de controis durante as noites do venres e do sábado.

En concreto, un condutor foi ‘cazado’ na avenida de Ramón Ferreiro sen carné de conducir por non obtelo nunca e cunha taxa de alcoholemia de 1,01 miligramos por litro de aire expirado, o que supón catro veces máis da permitida.

Tamén outro home foi interceptado na mesma vía triplicando a taxa de alcol permitida e sen carné, retirado por orde xudicial. En Rolda Norte, un vehículo estaba a ser conducido por unha muller que deu resultado positivo de 0,72 mg/l, mentres que na Avenida da Coruña outro condutor arroxou 0,79 mg/l nas probas de alcol.

Ademais, a Policía Local tamén detectou a polo menos outro tres condutores que resultaron positivo nas probas do alcol, con taxas que non superaban o 0,50 mg/l.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...