InicioComarca de MeiraMeiraA Deputación de Lugo destina 100.000 euros para impulsar un novo espazo...

A Deputación de Lugo destina 100.000 euros para impulsar un novo espazo cultural en Meira

O local está nun edificio situado no centro neurálxico do municipio, no paseo central da praza Maior, onde se aglutina a vida comercial e lúdica da localidade e en cuxo contorna ten lugar a feira quincenal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, un convenio de colaboración por valor de 106.455 euros para a rehabilitación e acondicionamento das instalacións do antigo bar ‘Centro’ para convertelo nun novo espazo de dinamización cultural do municipio e a comarca.

A institución provincial destina 99.800 euros e o Concello a contía restante, 6.655, para este proxecto que consiste en crear un espazo polivalente onde celebrar actuacións, concertos, reunións, conferencias, exposicións e calquera evento ou acto cultural.

O local está nun edificio situado no centro neurálxico do municipio, no paseo central da praza Maior, onde se aglutina a vida comercial e lúdica da localidade e en cuxo contorna ten lugar a feira quincenal.

Esta nova colaboración económica da Deputación de Lugo en Meira sumar, entre outras, ao investimento de case tres millóns de euros que recibiu este Concello no presente mandato a través do Plan Único de Cooperación cos municipios para mellora de estradas, creación de emprego e colaboración co tecido asociativo da localidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...