InicioSociedadeO instituto de FP das Mercedes traballa en tres proxectos financiados polo...

O instituto de FP das Mercedes traballa en tres proxectos financiados polo Ministerio de Educación

O delegado do Goberno en Galicia incidiu en que As Mercedes converteuse en "un deses centros que aglutina a rede de centros de excelencia de España".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro de Formación Profesional (CIFP) das Mercedes, en Lugo, traballa en tres proxectos financiados con case 800.000 euros polo Ministerio de Educación e FP.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou este luns unha visita ao centro acompañado do seu director, José Expósito López, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez.

O director concretou que estes “proxectos de innovación” do Ministerio trátanse “dun eólico, outro dunha cámara frigorífica de CO2 e unha aula de emprendimiento actualizada e informatizada”.

Pola súa banda, Lara Méndez destacou ao CIFP As Mercedes como un instituto “de alta calidade, onde se vincula a innovación coas novas tecnoloxías e vaise da man do mundo empresarial”.

“O que queremos é que todo o talento que formamos na nosa cidade, teña capacidade de ter oportunidades laborais en Lugo”, subscribiu a rexedora.

Este centro conta con máis dun milleiro alumnos, “un 40 por cento é de xente que vén de fóra, o que fai de Lugo unha cidade atractiva para vir formarse”, presumiu a alcaldesa.

Mentres tanto, o delegado do Goberno en Galicia incidiu en que As Mercedes converteuse en “un deses centros que aglutina a rede de centros de excelencia de España”.

José Miñones asegurou que o Goberno central “está comprometido coa Formación Profesional” e avanzou que se “seguirá apostando con esa lei de FP e a través de investimento”.

“O ano pasado transferimos 87 millóns para FP en Galicia, estamos cun proxecto para 2023 en toda España de 2.400 millóns de euros”, destacou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...