InicioSucesosPiden 14 anos de prisión para o acusado de apuñalar a un...

Piden 14 anos de prisión para o acusado de apuñalar a un compañeiro de residencia en Baralla

O Ministerio Fiscal conclúe que os feitos son constitutivos dun delito de asasinato en grao de tentativa, polo que pide para el unha pena de 14 anos de prisión, ademais de cinco anos de liberdade vixiada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este xoves, 2 de febreiro, ás 10,00 horas, o xuízo a un home, de 66 anos, acusado de apuñalar a un compañeiro de residencia no ano 2021 na localidade lucense de Baralla. Por estes feitos, a Fiscalía pide para el 14 anos de prisión.

Este home, en prisión provisional desde entón, xa fora condenado en 2013 por un delito de asasinato a 10 anos de cárcere, a cal quedou extinguida en 2019.

Segundo detalla o escrito de Fiscalía, o 20 de agosto de 2021, sobre as 07,20 horas, o acusado, que se atopaba no centro Remar da localidade lucense de Baralla, colleu un coitelo de cociña de aproximadamente 21 centímetros de folla, dirixiuse cara á vítima e, “aproveitando a circunstancia de acharse de costas”, atacouno “de forma inopinada e sen mediar palabra”.

A Fiscalía sinala que lle cravou o coitelo no costado esquerdo “con ánimo de ocasionarlle a morte” e, acto seguido, asestoulle unha nova coitelada na zona do tórax, aínda que “sen conseguir o seu propósito ao ser repelida a agresión polo afectado”.

A consecuencia destes feitos, o ferido sufriu unhas lesións que fixeron que necesitase unha intervención cirúrxica urxente. O apuñalamento deixoulle varias cicatrices de ata 3,5 centímetros no costado, polo que tivo que estar catro días ingresado.

Así, o Ministerio Fiscal conclúe que os feitos son constitutivos dun delito de asasinato en grao de tentativa, polo que pide para el unha pena de 14 anos de prisión, ademais de cinco anos de liberdade vixiada.

Do mesmo xeito, solicita que o procesado indemnice á vítima con 1.127 euros polas lesións causadas, con 2.035 euros polas secuelas e 1.000 euros pola intervención cirúrxica, así como ao Sergas con 1.012 euros polos gastos médicos da atención médica dispensada.

O procesado está en prisión por estes feitos desde o 20 de agosto de 2021, cando se acordou a prisión provisional.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...