InicioPolíticaA Deputación de Lugo adxudica case 2 millóns de euros para construír...

A Deputación de Lugo adxudica case 2 millóns de euros para construír a residencia de Guitiriz

O goberno provincial deu 'luz verde' este xoves ao seu Plan Estratéxico de Subvencións 2023-2025, cunha dotación económica de 8,2 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación das obras para construír o novo centro de atención a maiores de Guitiriz, que contarán cun orzamento de case dous millóns de euros.

Cumprimos así co compromiso manifestado polo presidente da Deputación (José Tomé) á alcaldesa (Marisol Morandeira) e aos veciños e veciñas de Guitiriz, sacando adiante un novo contrato para construír a residencia“, subliñou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.

A empresa adxudicataria foi Construcións Jesús Naray SL e o prazo de execución do proxecto será duns 18 meses.

García Porto, durante a rolda de prensa, lamentou que a Deputación continúe traballando na súa rede de residencias “sen ningún apoio por parte da Xunta”, que é a administración que “por lei ten as competencias en materia de servizos sociais”.

PLAN DE SUBVENCIÓNS ATÉ 2025

Por outra banda, o goberno provincial deu ‘luz verde’ este xoves ao seu Plan Estratéxico de Subvencións 2023-2025, cunha dotación económica de 8,2 millóns de euros, unha cantidade que poderá incrementarse en función do crédito dispoñible.

Trátase, tal e como explicou a portavoz socialista, do instrumento “que regula a concesión de axudas económicas da Deputación ao conxunto do tecido asociativo da provincia, tanto de carácter nominativo, como de concorrencia competitiva”.

En concreto, o plan consigna 1,3 millóns de euros para subvencións relacionadas coa xeración de riqueza e a promoción económica de Lugo; máis de 510.000 euros coa promoción do territorio e o turismo; 572.000 euros para benestar; e 330.600 para medio ambiente.

OUTRAS MATERIAS

Noutra orde de cousas, a xunta de goberno aprobou un investimento de 820.000 euros en obras de acondicionamento e mellora de tres estradas da Deputación de Lugo ao seu paso polos concellos de Abadín (LU-P-0101), Monforte de Lemos (LU-P-3205) e Castro de Rei (LU-P-1706), esta última declarada de emerxencia por danos sufridos polas choivas de Nadal.

Así mesmo, a Deputación adxudicou por concurso a explotación do Club Náutico de Portomarín, que é de titularidade provincial. A oferta con máis puntuación foi unha proposta para explotar este espazo como cafetaría e restaurante.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...