InicioSociedadeMultado un hostaleiro de Lugo por non facilitar a folla de reclamación...

Multado un hostaleiro de Lugo por non facilitar a folla de reclamación a un cliente

PUBLICADA O

- Advertisement -

A negativa dun hostaleiro a facilitar a folla de reclamación nun bar da Rolda da Muralla, en Lugo, obrigou o pasado xoves a mobilizar a unha patrulla da Policía Local, coa consecuente denuncia pola infracción.

Un cliente queixábase de que o encargado o local de hostalaría non lle facilitaba follas de reclamación. Tras mediar entre ambos, os axentes facilitaron os datos e axudouse a cubrir o escrito, cunha copia para cada unha das partes.

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, este establecemento foi denunciado pola comisión de varias infraccións á lei de normativa reguladora de espectáculos públicos.

CHEIRO A GAS NUNHA VIVENDA

Por outra banda, o “forte” cheiro a gas no interior dunha vivenda na rúa Doa Urraca, en Lugo, obrigou a mobilizar o xoves a unha dotación de bombeiros e da Policía Local.

Con todo, tras acceder ao interior da vivenda, os bombeiros non detectaron ningunha fuga, senón que chegaron á conclusión de que se podía tratar dunha mala colocación da carapucha da botella de butano.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación este de aglomerado no Corgo no cinto comarcal

  A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana o estendido do aglomerado en...

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de...