InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo preguntará ao goberno local sobre a posible cesión...

O PP de Lugo preguntará ao goberno local sobre a posible cesión dun treito da N-VI

En concreto, é o tramo que transcorre por Nadela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Lugo preguntará ao goberno local en que punto atópase a posible cesión dun treito da N-VI ao Concello. En concreto, o tramo que transcorre por Nadela. Unha petición, sinalaron os populares, que os veciños da zona “explican que negociaron co goberno local, pero non volveron a saber nada máis”.

Nunha nota de prensa, indicaron que os concelleiros do PP realizarán varias preguntas na comisión correspondente para saber tamén se está previsto dar tratamento de vía urbana a este tramo, algo que, segundo os populares, facilitaría determinadas actuacións que limita a lei de estradas, como unha humanización da zona.

“O feito de conseguir a titularidade da totalidade do tramo da N-VI que transcorre polo municipio permitiría avanzar na conexión do tramo urbano da cidade coa zona fluvial, sempre tendo en conta a prioridade de preservar a contorna para o goce dos cidadáns“, explicaron.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...