InicioSociedadeVarios peregrinos pasan o Nadal en Portomarín a pesares do final do...

Varios peregrinos pasan o Nadal en Portomarín a pesares do final do Ano Santo

Unha vez concluído o Ano Santo 2021-2022, a localidade lucense de Portomarín, en pleno Camiño Francés, continúa recibindo un goteo "constante" de camiñantes, en torno unha vintena ao día, que prolongan a tempada de peregrinación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha vez concluído o Ano Santo 2021-2022, a localidade lucense de Portomarín, en pleno Camiño Francés, continúa recibindo un goteo “constante” de camiñantes, en torno unha vintena ao día, que prolongan a tempada de peregrinación.

O alcalde, Pablo Rivas, destacou que moitos destes peregrinos “aínda alongan a tempada e déixanse ver polo concello”, algúns deles mesmo pasando alí estas datas do Nadal.

“É unha forma diferente ao que estamos adoitados, que é a velos máis durante a tempada estival, na que a súa presenza é máis multitudinaria”, destacou o alcalde, quen subliñou que, nestas datas, a experiencia é “diferente”. “Un comentoume que xa o fixo no verán e que quería vivir esa experiencia no inverno, que é unha experiencia diferente”, presumiu.

Pechado o Ano Santo, Pablo Rivas sinalou que “no 2022 batéronse records de aloxamento” na localidade e para 2023 as expectativas “tampouco son peores”.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...