InicioSociedadeManifestación de traballadores de Carrefour en Lugo para denunciar "abusos laborais" por...

Manifestación de traballadores de Carrefour en Lugo para denunciar “abusos laborais” por parte da empresa

Argumentan que isto ocorre porque Carrefour non contrata persoal suficiente para atender o volume de traballo que existe no hipermercado de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadores do Hipermercado Carrefour de Lugo concentráronse esta tarde no complexo comercial para denunciar o que cualifican de “abusos laborais” por parte da empresa e para reclamar unhas condicións laborais “dignas”.

Na protesta, convocada pola CIG, a representación da central sindical criticou que as relacións laborais neste establecemento comercial “están permanentemente xudicializadas” porque a dirección segue “sen respectar o dereito á conciliación por coidado de menores”, “non cumpre as sentenzas xudiciais e non respecta tampouco algo tan básico como os horarios e os descansos do persoal”.

“A isto súmanse os abusos laborais continuados, xa que falta persoal e o que hai ten que asumir unha carga de traballo insoportable. Este sobreesforzo afecta directamente á saúde dos traballadores ata tal punto que as cifras de persoal en situación de baixa médica neste centro son escandalosas”, explican.

Argumentan que isto ocorre porque Carrefour non contrata persoal suficiente para atender o volume de traballo que existe no hipermercado de Lugo. “Este comportamento explotador contrasta coas cifras de facturación de Carrefour, que superan os 10.000 millóns de euros, triplicando a rendibilidade neta“, indican.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...