InicioSucesosDeteñen a dúas persoas que vendían heroína na rúa Tino Grandío

Deteñen a dúas persoas que vendían heroína na rúa Tino Grandío

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo detivo a dúas persoas relacionadas coa venda de heroína dando por desarticulado un punto de venda de drogas na cidade. Segundo confirmou a Policía, trátase dunha parella de mediana idade.

Ao home, ademais dun delito contra a saúde pública, impútanselle os delitos de ameazas graves e contra a seguridade do tráfico, xa que no momento de proceder á súa detención tratou de fuxir “pondo e perigo aos axentes que interviñeron, así como ao resto dos usuarios da vía”. Finalmente, foi interceptado sen consecuencias.

A investigación iniciouse tras a denuncia dos cidadáns e comerciantes da zona da rúa Tino Grandío que manifestaron a circulación pola zona de persoas alleas ao barrio.

Posteriormente, localizouse aos implicados e foron detidos. Ademais, a Policía detallou que se lles incautaron varias doses de heroína, pastillas e haxix en cantidades preparadas para a venda, así como diñeiro en metálico proveniente das vendas realizadas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...