InicioLugo e contornaRatifican a condena a un home por máis dun ano de cárcere...

Ratifican a condena a un home por máis dun ano de cárcere despois de estafar 637 euros a un taxista de Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado pola defensa dun home condenado a un ano e dez meses de cárcere por estafar a un taxista a quen pediu que lle leva de Lugo á estación de autobuses de Ourense e, desde esta, ata un club de alterne na Coruña. En total, deixoulle a deber 637 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado pola defensa dun home condenado a un ano e dez meses de cárcere por estafar a un taxista a quen pediu que o levase de Lugo á estación de autobuses de Ourense e, desde esta, ata un club de alterne na Coruña. En total, deixoulle a deber 637 euros.

Os feitos ocorreron o 16 de novembro de 2016, cando o home concertou co taxista un servizo consistente en que o trasladase desde a base de taxis de Lugo ata a estación de autobuses de Ourense.

Alí, pediulle que o esperase no exterior uns momentos para, finalmente, solicitarlle que o trasladase a un club de alterne na Coruña, onde lle dixo que o esperase no aparcadoiro, á vez que deixaba unha mochila con efectos persoais no interior do vehículo.

Con todo, conforme consta o fallo xudicial, o acusado, “con evidente ánimo de lucro e na clara intención de non satisfacer o importe devengado polo servizo de taxi”, abandonou o club por unha porta que non se vía desde o parking. Ante iso, chegadas as 6,00 horas da mañá, o taxista entrou no club, onde lle dixeron que o acusado abandonara xa o lugar.

Ante estes feitos, a Audiencia Provincial de Lugo condenouno como autor dun delito de estafa, con agravante de reincidencia, á pena de 1 ano e 10 meses de cárcere. Ademais da pena de prisión, debía pagar unha indemnización de 637,48 euros, tanto como o custo do servizo prestado, cos correspondentes intereses de demora.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...