InicioPolíticaTrece concellos da provincia de Lugo reciben formación sobre administración dixital

Trece concellos da provincia de Lugo reciben formación sobre administración dixital

En total, o programa 'A Administración Preto de Ti' pasará por 59 dos 67 concellos da provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O plan do Goberno ‘A Administración Preto de Ti’ chegou a 13 municipios da provincia de Lugo nas dúas primeiras semanas do programa. Esta iniciativa ofrece as ferramentas da administración dixital aos veciños destas localidades.

Enmarcado dentro das políticas do reto demográfico do Ministerio de Política Territorial en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), permite avanzar na “eliminación da fenda dixital” no territorio.

En concreto, os primeiros municipios polos que pasou foron Guitiriz, Castroverde, Palas de Rei, Cervo, Paradela, Castro de Rei, Xove, Guntín, O Páramo, Monterroso, Pol, Lourenzá e Mondoñedo.

Este Goberno traballa para dar ferramentas dixitais á poboación do rural e agora, tamén, para ensinar a aproveitalas nas súas relacións coas administracións“, destacou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Ademais, segundo detallou a Subdelegación, Isabel Rodríguez puxo en valor a colaboración dos concellos, xa que “este programa non sería posible sen a súa implicación”.

Así mesmo, detallou que a realización de Certificados Dixitais e darse de alta no Sistema Cl@ve son os servizos máis demandados pola cidadanía.

En total, ‘A Administración Preto de Ti’ pasará por 59 dos 67 concellos da provincia de Lugo. Actualmente, a administración xeral ofrece a posibilidade de realizar de maneira dixital a maior parte das xestións e das comunicacións cos seus departamentos, desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abonar taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só pódense xestionar telematicamente.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...