InicioA UlloaPalas de ReiAltri solicita captar auga do río Ulla en Agolada para o seu...

Altri solicita captar auga do río Ulla en Agolada para o seu proxecto de fábrica en Palas de Rei

En concreto, Altri pide a captación de augas superficiais cun caudal máximo de 535 litros por segundo procedentes do encoro de Portodemouros, situado entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Altri remitiu unha solicitude á Xunta para a concesión dunha captación de auga do río Ulla no termo municipal de Agolada orientada a abastecer a fábrica de fibras téxtiles que a compañía portuguesa proxectou no concello lugués de Palas de Rei.

Diso informou a Administración autonómica nun comunicado no que anuncia a apertura do trámite de competencia de proxectos para as entidades interesadas en formular propostas de aproveitamento alternativas.

En concreto, Altri pide a captación de augas superficiais cun caudal máximo de 535 litros por segundo procedentes do encoro de Portodemouros, situado entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

A petición da compañía lusa, ligada ao desenvolvemento do seu proxecto industrial en Palas de Rei pendente de concretarse, motivou a apertura deste procedemento por parte de Augas de Galicia –ente dependente da Xunta–, ao que está obrigado por lei.

Unha vez pechado o prazo de presentación, os proxectos deberán ser avaliados. Segundo resalta a Administración autonómica, quedarán excluídos aqueles que “contravengan o establecido” no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa, conca na que se encadra o río Ulla e o encoro de Portodemouros.

Os que superen este corte serán sometidos ao procedemento de avaliación ambiental, ademais do proceso de información pública. Pola súa banda, os organismos e concellos afectados tamén deberán emitir os informes perceptivos.

A Xunta afirma que a concesión carrexaría “un conxunto de condicións” a cumprir polo responsable.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...