InicioSociedadeRescisión do contrato para renovar as redes de auga na urbanización Grupo...

Rescisión do contrato para renovar as redes de auga na urbanización Grupo La Paz

A empresa acumulaba "continuados incumprimentos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou o inicio do procedemento para rescindir o contrato á empresa adxudicataria das obras de renovación das redes de abastecemento e saneamento no Grupo La Paz, urbanización situada no barrio de Fingoi, ante “os continuados incumprimentos da empresa“.

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel Fernández, explicou, despois da xunta de Goberno local, que, segundo os informes que figuran no expediente, Proyecon Galicia S.A. foi interpelada en numerosas ocasións pola Administración local “para que corrixise deficiencias observadas na execución dos traballos, sen que en ningún caso actuase para emendalas”.

Deste xeito, Fernández subliñou que “non se iniciou a obra ata agosto, tres meses despois de formalizar a acta de comprobación” e que o prazo “debería ser ao día seguinte da firma, que tivo lugar o 6 de maio”. Así, a empresa dispón de 10 días para presentar as alegacións que estime oportunas, ante a decisión do Concello.

Nesta liña cuantificou que, tres meses despois de iniciarse a intervención, a empresa “só executou o 6,53 % do importe total previsto de 514.110 euros”. Ademais, resaltou que o persoal técnico está a elaborar un novo estudo de custos para “cuantificar actuacións pendentes e que se inicien coa maior celeridade posible”.

O Concello sinalou nun comunicado que esta intervención quere “pór fin ás avarías derivadas de que as conducións sexan de fibrocemento“, xa que esta sustancia é “moito máis sensible aos contrastes climatolóxicos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...