InicioSociedadeO Arde Lucus 2023 xa ten data

O Arde Lucus 2023 xa ten data

Celebrarase do 22 ao 25 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lucus do ano 2023 celebrarase do 22 ao 25 de xuño. Así o anunciou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ás asociacións que participan nesta festa de recreación histórica, que aspira a recibir recoñecemento internacional, xa que este mes o Concello presentará a candidatura para ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional, despois de ostentar xa o galego e o nacional.

Durante a cea de confraternización que mantivo co colectivo de asociacións este sábado, Lara Méndez destacou o alcance social, turístico e económico que xera esta festa, un dos motivos, sinalou, polos que anuncian as datas “axiña que” co obxectivo de permitir que o tecido asociativo, os veciños, a hostalaría e o comercio poidan prepararse e traballar con previsión.

Ademais, segundo trasladou o consistorio municipal, a alcaldesa sinalou que nesta edición seguirán potenciando novas actividades para “continuar atraendo miles de persoas e convidalas a gozar cos lucenses da transformación que experimenta a capital que, con fidelidade, retrocede no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico” que posúe.

Así mesmo, a rexedora lembrou que o que comezou como unha festa para incentivar o sector hostaleiro do centro histórico, cunha duración dunha noite e enfocado á mocidade, “converteuse nunha festa cun elevado compoñente identitario, patrimonial, cultural, lúdico e de dinamización económica” que, engadiu, fana “única en España polo grao de implicación da cidadanía”.

“É sen dúbida o maior dos seus éxitos”, concluíu a alcaldesa antes de convidar de novo ás Asociacións do Arde Lucus a iniciar a preparación da XXII edición.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...