InicioSociedadeA Federación Veciñal de Lugo acusa de "falsos progresistas" aos que defenden...

A Federación Veciñal de Lugo acusa de “falsos progresistas” aos que defenden os dereitos dos okupas

Pide que se reforme a lei para "poder desaloxar aos okupas en 28 ou 48 horas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo volveu a insistir na necesidade de que se reforme a lei para “poder desaloxar aos okupas nun prazo de 24 ou 48 horas“.

O movemento veciñal volve á carga sobre este asunto, despois de que na pasada xornada se detivera a un okupa tras o incendio nun edificio semiabandonado na rúa Cidade de Viveiro da cidade de Lugo. Pouco antes das 12,30 horas deste martes avisábase do lume, en concreto nun inmoble de varias plantas, no que tiveron que intervir varias dotacións de bombeiros da cidade. Quedou extinguido sobre as 19,00 horas.

O presidente do movemento veciñal, Jesús Vázquez, reiterou que é preciso cambiar as leis. “Parece ser que ten prioridade un falso progresismo, que non deixa de ser un falso progresismo, que o dereito á propiedade”, advertiu. “Hai xente que pasou moito sacrificio para adquirir un piso, para adquirir unha casa ou un baixo. A nosa postura é moi clara, hai que reformar a lei e hai que equipararse a Europa”, sinalou.

“Se ti demostras que es o propietario do piso hai que desaloxalo, teña contrato falso ou non o teña e se poida proceder, así, a que ti es o dono do que en teoría deberías de ser que é a túa propiedade”, agregou, para concluír que a modificación lexislativa debería impulsarse de forma “inminente”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...