InicioSucesosPetición de cinco anos de cadea para un acusado de agredir sexualmente...

Petición de cinco anos de cadea para un acusado de agredir sexualmente unha muller en Lugo en 2019

Segundo relata o Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron o 11 de novembro de 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulga desde o vindeiro mércores día 2, ás 10,00 horas, a un home acusado de agredir sexualmente a unha muller en Lugo en novembro do ano 2019. A Fiscalía pide para el cinco anos de prisión.

Segundo relata o Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron o 11 de novembro de 2019. Esa noite, a vítima xunto cunha amiga estivo en varios locais de lecer da cidade. Ás 03,30 horas, continúa o escrito fiscal, saíron do local e sentaron nun portal, onde viron o procesado en compañía de varios amigos.

A partir de aí, o acusado e a vítima desprazáronse ata a Praza de España e, posteriormente, nun portal da Praza Campo Castelo, “sen que conste o emprego de violencia ou intimidación e sen mediar o consentimento dela”, “dado que tiña moi diminuída a súa capacidade volitiva e intelectiva, debido ao seu estado de intoxicación etílica”, o procesado, “aproveitándose da súa situación”, mantivo unha relación sexual con ela.

Días despois, en concreto, o 13 de novembro, estes feitos foron denunciados pola muller tras recibir asistencia sanitaria no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Ademais, o escrito de Fiscalía destaca que como consecuencia do ocorrido, a vítima sofre sintomatología ansiosa e depresiva, así como trastorno de tensión postraumática, polo que se ve obrigada a recibir terapia psicolóxica.

Por estes feitos, constitutivos dun delito de abuso sexual con acceso carnal, a Fiscalía demanda impor ao procesado a pena de cinco anos de cárcere. Así mesmo, pide liberdade vixiada para o acusado durante cinco anos, con posterioridade á pena de prisión, e deberá participar en programas de educación sexual.

Por outra banda, tamén solicita a pena de inhabilitación especial para calquera profesión oficio ou actividade que leve contacto regular e directo con persoas menores de idade por un tempo de dez anos.

Ademais, o acusado deberá de indemnizar á vítima con 3.000 euros polos sufrimentos psicolóxicos xerados e na cantidade que se determine no xuízo oral polos gastos medicofarmacéuticos ou de terapia que os feitos lle obrigasen a efectuar.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...