InicioEconomíaA Deputación licita as obras de construción para a residencia de Guitiriz...

A Deputación licita as obras de construción para a residencia de Guitiriz por 2 millóns de euros

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación por case 850.000 euros de obras para o acondicionamento de cinco estradas da Deputación de Lugo ao seu paso polos concellos de Taboada, Baralla, Antas de Ulla, Lugo e Sober.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación das obras para construír o Centro de Atención de Maiores de Guitiriz, cun orzamento de preto de dous millóns de euros e coa previsión de que as actuacións queden adxudicadas antes de final de ano.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou que, con esta decisión, o presidente provincial, José Tomé, “cumpre co compromiso que avanzou durante o acto no que asinou coa alcaldesa de Guitiriz o convenio de colaboración para a construción da residencia”.

O orzamento sobe un 30%, uns 450.000 euros, con respecto ao anterior proxecto, “un incremento importante que asume integramente a Deputación de Lugo”, dixo o deputado, que lembrou que a institución tivo que reiniciar o proceso “practicamente de cero” despois de que un temporal provocase o colapso da Casa da Botica, o edificio no que estaban previstas gran parte das instalacións.

Por iso, foi necesario resolver o contrato coa empresa adxudicataria das obras, redactar o novo proxecto, que tivo que validar o servizo de Patrimonio Cultural da Xunta; e aprobar e asinar un novo convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello.

“Foi un traballo arduo, que fixemos nun tempo creo que bastante razoable, e que demostra o compromiso absoluto que temos na Deputación co Concello e cos veciños e veciñas de Guitiriz para construír a tan ansiada residencia”, dixo Pablo Rivera.

ESTRADAS PROVINCIAIS

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación por case 850.000 euros de obras para o acondicionamento de cinco estradas da Deputación de Lugo ao seu paso polos concellos de Taboada, Baralla, Antas de Ulla, Lugo e Sober.

Así mesmo, deu luz verde á convocatoria pública e as bases que rexerán o procedemento para seleccionar o persoal que desenvolverá traballos vinculados ao programa Acelera PEMES, un proxecto dotado con 500.000 euros que a Deputación arrincará nas próximas semanas grazas aos fondos da Unión Europea.

Rivera Capón lembrou que este programa ofrecerá “apoio e asesoramento gratuítos ás pequenas e medianas empresas da provincia en materia de transformación dixital para modernizar e para mellorar o seu negocio, de maneira que gañen en competitividade, en produtividade, en eficiencia, para que abran novas oportunidades de negocio e, mesmo, para que poidan estar mellor preparadas ante situacións adversas, como foi a crise da covid”.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...