InicioSociedadeAbsolta a matrona queaccedeu ao historial clínico do seu exmarido en Lugo...

Absolta a matrona queaccedeu ao historial clínico do seu exmarido en Lugo porque o fixo co seu “recoñecemento e respaldo”

A declaración da médica de cabeceira do denunciante "bota absolutamente por terra o seu testemuño pretendidamente incriminatorio"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A matrona lucense acusada de acceder ata en oito ocasiones ao historial clínico do seu exmarido foi absolta pola Audiencia Provincial de Lugo, que entende que o fixo “por interese e a solicitude do denunciante”.

Así, o tribunal asegura na sentenza que, durante o período en que estivo casada co denunciante, e mesmo cando a parella xa estaba en crise, a muller accedeu ao seu historial co obxecto “de coñecer os resultados de analíticas” ou “de sinalar ou adiantar citas para o médico de cabeceira ou apreciar se as receitas prescritas xa estaban dispensables”.

Os maxistrados destacan que a declaración da médica de cabeceira do denunciante “bota absolutamente por terra o seu testemuño pretendidamente incriminatorio” do exmarido, que alegaba que entrara neste historial para coñecer información para obter a custodia dos seus fillos, e “avala o relato da acusada”.

A Sala indica que a actuación da sospeitosa “seica poida merecer un reproche de carácter administrativo, pois claramente excedíase na súa competencia sanitaria, pero todo facíao por solicitude e interese do denunciante e con pleno coñecemento e respaldo deste“. Contra a sentenza, na que absolve á acusada dun delito de descubrimento e revelación de segredos, cabe presentar recurso.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...