InicioSociedadeO vento deixa refachos de ata 115 km/h en Muras e Viveiro

O vento deixa refachos de ata 115 km/h en Muras e Viveiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vento deixou fortes refachos á primeira hora da mañá deste xoves en moitos puntos de Galicia, onde chegaron a alcanzarse máis de 100 quilómetros por hora tanto en puntos da costa como do interior.

Os valores máximos captáronse no alto do Xistral, en Muras, e en Penedo do Galo, en Viveiro, onde ao fío das 09,00 horas os medidores de Meteogalicia rexistraron refachos de 115 e 114 quilómetros por hora.

Ademais, o vento superou os 100 quilómetros por hora noutras zonas como Vimianzo, Carballeda de Avia, Cuntis e Lira –Carnota–.

Toda a costa galega permanece en alerta laranxa desde o mércores por un temporal que, ademais de fortes ventos, tamén está a deixar unha importante ondada, que rozou os 4 metros de altura en Cabo Silleiro –Baiona–.

Xa para este xoves, haberá tamén avisos amarelos tanto por vento como por choiva en boa parte de Galicia e case todo o día.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...