Home Lugo e contorna Encontran en Lugo o médico brasileiro desaparecido mentres facía o Camiño de Santiago na provincia de León

Encontran en Lugo o médico brasileiro desaparecido mentres facía o Camiño de Santiago na provincia de León

0
Encontran en Lugo o médico brasileiro desaparecido mentres facía o Camiño de Santiago na provincia de León
Captura do tuit publicado por SOS Desaparecidos.

O médico brasileiro que desaparecera mentres facía o Camiño de Santiago pola provincia de León apareceu en Lugo e permanece ingresado en observación no Hospital lucense Lucus Augusti.

Así llo confirmou o propio centro hospitalario a Europa Press, que apuntou que Leonardo José Nissola está a ser examinado en Observación do departamento de Urxencias do HULA.

‘SOS Desaparecidos’ lanzara unha alerta do facultativo, que se estaba facendo o Camiño de Santiago e a quen lle perderan o rastro na localidade leonesa de Villafranca del Bierzo.

+ posts