InicioPolíticaCandia anuncia que o PP pedirá para Lugo ser a sede...

Candia anuncia que o PP pedirá para Lugo ser a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

A Axencia desempeñará funcións nos ámbitos de vixilancia en saúde pública, en preparación e resposta fronte a futuras emerxencias, en asesoría e avaliación, e comunicación de riscos para a saúde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata á alcaldía de Lugo, Elena Candia, anunciou que o PP, xunto ao Concello e a Deputación, pedirá que a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública sitúese en Lugo.

Acompañada do portavoz do grupo municipal popular no Concello da capital, Ramón Carballo, do portavoz do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, Candia fixo público este anuncio durante a visita realizada ao Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

Consideran, explican nun comunicado, que este tipo de servizos permiten “impulsar socioeconómicamente a cidade”.

“Espero que os socialistas no Concello e na Deputación apoien a iniciativa e que non fagan como sempre pois, no que afecta o Goberno, o que fan sempre é priorizar a Sánchez antes que aos lucenses”, argumentou.

A este respecto, Candia afeou o “triunfalismo” manifestado polos socialistas en canto aos Orzamentos do Estado para 2023, “sobre todo porque as contas sepultan a Alta Velocidade e as grandes infraestruturas que vertebrarían a provincia”.

Volvendo á Axencia, asegura que convertería a Lugo “nunha referencia nacional e internacional no deseño, implementación e avaliación de políticas públicas innovadoras no campo da saúde pública”.

A Axencia desempeñará funcións nos ámbitos de vixilancia en saúde pública, en preparación e resposta fronte a futuras emerxencias, en asesoría e avaliación, e comunicación de riscos para a saúde.

Entre os argumentos que a candidata popular considera “de peso”, aludiu a que a “propia exposición de motivos do Real Decreto, que regula o procedemento de elección de sedes para as novas axencias, sinala tomar en consideración como factor a tendencia demográfica das distintas rexións que poden albergar a cada entidade pública”.

“Por tanto, Lugo cumpre este requisito, xa que a provincia ten unha alta porcentaxe de despoboamento”, comentou.

En segundo lugar, indicou que en Lugo a Xunta xa “concentrou os seus esforzos en relación á saúde pública, a través da instalación do Laboratorio Central de Saúde Pública de Galicia desde 2014, un referente en toda España no que se refire a a seguridade alimentaria e á sanidade ambiental”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...