InicioPolíticaA Semana Europea de Rexións será a plataforma da Deputación para presentar...

A Semana Europea de Rexións será a plataforma da Deputación para presentar o seu modelo de política social

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este luns nos actos que organizados pola asociación Saúde Mental A Mariña con motivo do Día Mundial da Saúde Mental e que se desenvolveron na sede que o colectivo ten en Cervo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo foi seleccionada por terceiro ano consecutivo para participar na Semana Europea de Rexións e Cidades, que se celebrará ata o vindeiro xoves baixo a lema ‘Novos desafíos para a cohesión de Europa’.

Nesta ocasión, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, desprazarase ata Bruxelas para facer a presentación ‘We live in Lugo, we are Europe’ (Vivimos en Lugo, somos Europa) para expor as principais medidas que vertebran as políticas sociais da institución provincial, en concreto, o seu modelo de residencias.

O deputado destacou a importancia deste evento, en tanto que “dá voz en Europa ás administracións locais, as máis próximas á cidadanía”.

Rivera Capón centrará a súa exposición en resaltar a Rede de Protección Social da Deputación, que ten como un dos alicerces a rede de residencias públicas para persoas maiores, ademais do servizo de teleasistencia domiciliaria e o apoio ao servizo de axuda no fogar dos concellos.

Con este sistema asistencial, a Deputación favorece o benestar social, a conciliación e xera actividade e emprego sustentable, aínda non tendo as competencias en servizos sociais, pois estas recaen na comunidade autónoma, segundo establece o Estatuto de Autonomía.

DÍA DA SAÚDE MENTAL

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este luns nos actos que organizados pola asociación Saúde Mental A Mariña con motivo do Día Mundial da Saúde Mental e que se desenvolveron na sede que o colectivo ten en Cervo.

García Porto felicitou á asociación Saúde Mental A Mariña por promover “un evento tan importante como este”, no que participaron máis de 200 persoas de diferentes ámbitos para falar de saúde mental, para darlle visibilidade, concienciar e abordar retos neste ámbitoesencial.

Desde a Deputación de Lugo, explicou a Deputada, cren que “a visibilización e a concienciación é fundamental”. “A necesidade de falar e de romper o silencio é o camiño para acabar co estigma que sofren moitas persoas que padecen enfermidades ou doenzas mentais”, engadiu.

“Este é un paso básico para abordar, entre outros problemas, o suicidio”, lembrou García Porto, que mencionou que, o ano pasado, en torno ao 3 por cento dos menores tivo pensamentos suicidas. “É necesario pór o foco na infancia e na xente nova. O coidado e a protección da saúde mental debe facerse desde os primeiros anos, involucrando tanto aos mozos e ás familias, como ás comunidades educativas, para que se lle dea a importancia que merece”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...