InicioSucesosSorprenden un mozo en Lugo mentres tenta entrar nunha vivenda porque "había...

Sorprenden un mozo en Lugo mentres tenta entrar nunha vivenda porque “había un tesouro dentro”

O home asegurou que unha muller lle mandaba acceder a ela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo sorprende un mozo mentres tentaba acceder a unha vivenda na rúa Montrión xa que unha muller “lle mandaba acceder a ela porque había un tesouro no seu interior”. Segundo explica o Concello de Lugo nun comunicado, os feitos ocorreron o mércores día 5 ás 10,50 horas cando os axentes recibiron información de que unha persoa tentaba acceder ao inmoble.

Tras o aviso, os axentes acudiron ao lugar e puideron observar a presenza dun mozo de 22 anos que se atopaba na vía pública retirando os parafusos que aseguran os peches de madeira que selaban as xanelas, algún dos cales “xa fora totalmente retirado”.

Os axentes procederon a identificar ao novo e preguntáronlle pola súa relación coa vivenda, ao que respondeu que unha muller lle mandaba acceder a ela porque había un tesouro no seu interior, segundo informou o concello.

Ademais, indicou aos axentes de que a muller se atopaba nas inmediacións no interior dun vehículo, do que o mozo lle facilitou a marca. Ante isto, os policías decatáronse que á súa chegada ao lugar observaran un coche que encaixaba coa descrición, pero que xa non estaba na zona cando regresaron ao momento onde o viron estacionado.

UN INCENDIO HAI TEMPO

Desta forma, comezaron as investigacións para poder identificalo, xa que a través de diferentes testemuños solicitaron algún dato máis. Durante as indagacións iniciais puideron saber que os peches das xanelas foron instalados polo servizo de extinción de incendios municipal, porque o edificio sufrira un incendio hai tempo.

Ante estes feitos, os axentes instruíron dilixencias dirixidas ao xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...