InicioEconomíaA estrada Chantada-Antas de Ulla recibe un investimento de 150.000 euros da...

A estrada Chantada-Antas de Ulla recibe un investimento de 150.000 euros da Deputación

Os traballos consisten na reapertura de cunetas, saneamento da chaira e do firme nas zonas onde existe un blandón, así como a reparación de fochas e afundimentos da vía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O proxecto de renovación da estrada provincial LU-P-1809 que comunica os municipios lugueses de Chantada e Antas de Ulla por Taboada dos Freires inclúe actuacións en máis de 20 quilómetros dos case 25 que ten.

Así, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras, que contan cun investimento que supera os 150.000 euros.

Os traballos consisten na reapertura de cunetas, saneamento da chaira e do firme nas zonas onde existe un blandón, así como a reparación de fochas e afundimentos da vía.

Tomé comprobou os avances da empresa adxudicataria, Construciones Leonardo Miguélez SL, que ten un prazo de execución de tres meses para estas obras. Desta forma, remarcou a importancia desta actuación que beneficiará de maneira directa “a moitos veciños” da comarca da Ulloa e Taboada que transitan a diario pola vía.

“A mellora das comunicacións é unha prioridade para o goberno provincial”, sinalou. “Defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación a achegar servizos”, sentenciou Tomei.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...