InicioSucesosIdentifican dous irmáns menores por vender entradas falsas de atraccións no San...

Identifican dous irmáns menores por vender entradas falsas de atraccións no San Froilán

A madrugada deste mércores deixa nove alcoholemias positivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou esta semana dous irmáns de 11 e 14 anos por, supostamente, vender entradas falsas para atraccións da feira de San Froilán.

Segundo explicaron os axentes, o responsable dunha das atraccións informou o pasado martes de que varios mozos tentaran acceder á instalación con entradas falsas. Ao ser preguntados, indicaron que llas vendeu un mozo, que lle facilitaron o seu teléfono móbil.

A Policía contactou entón co presunto vendedor e identificou como tal a dous irmáns de 11 e 14 anos aos que se lles incautaron 190 euros e 73 entradas de diferentes atraccións, supostamente falsas.

Ao ser menores de idade, os axentes localizaron a un irmán de ambos, maior de idade, que mostrou un documento xudicial de custodia e fíxose cargo de ambos.

NOVE ALCOHOLEMIAS POSITIVAS

A madrugada deste mércores deixou un total de nove alcoholemias positivas detectadas polos axentes da Policía Local.

Con motivo das festas na cidade, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria no centro urbano durante a madrugada do mércores.

Como resultado, detectouse a nove condutores que deron positivo en consumo de alcol, con taxas que van desde o 0,31 mg/l ao 0,54 mg/l.

A oito dos condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, mentres que o noveno, o que arroxou a taxa máis alta, propúxose para sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Por outra banda, no transcurso destes controis interviñéronse dous permisos de condución por caducidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...