InicioLugo e contornaLugoElena Candia sinala que o PXOM de Lugo foi aprobado "grazas ao...

Elena Candia sinala que o PXOM de Lugo foi aprobado “grazas ao PPdeG”

"Este documento foi moi debatido, aínda que creo que require unha laborexplicativa dese 5% restante e o que supón ese tramite", sentenciou a presidenta do PP da provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta dos populares de Lugo e candidata á alcaldía da cidade, Elena Candia, asegurou este xoves que o Plan Xeral de Ordenación Municipal saíu adiante “grazas ao grupo municipal do PP”.

Unhas declaracións que se producen logo de que a Xunta validase este plan urbanístico, o 5% que quedaba por cubrir, e que condiciona agora a un informe da Confederación Hidrográfica Miño-Silpara a súa aprobación definitiva.

Elena Candia destacou que se trata de “un documento crave para eldesarrollo dun concello”, para seguidamente afear que o Gobiernolocal “non o garantiu”, dado que finalmente só foi aprobado cos votos de socialistas e populares no Concello de Lugo, no mes de xuño. O BNG, socio de goberno do PSOE, votou en contra.

“Este documento foi moi debatido, aínda que creo que require unha laborexplicativa dese 5% restante e o que supón ese tramite”, sentenciou.

Pero se “iso é unha realidade”, incidiu en que é froito da intervención do grupo municipal dos populares no municipio, e que, ao seu modo de ver, axudará a paliar “esa parálise que sofre o Concello, onde se ve que as xuntas de goberno conceden unha ou dúas licenzas (de obras), o que supón un auténtico bloqueo que paraliza a cidade“. “Se puido saír adiante foi grazas ao PP”, subscribiu.

ZONA DE BAÑO NO MIÑO

Outro aspecto que abordou é a paralización da zona de baño pública no Miño e os inconvenientes que puxo a Xunta no enclave que pretendía o Goberno local, pola presenza dunha colonia de mexillóns.

Elena Candia expuxo que habería que preguntarlle “ao Goberno local porque non se conta con praia fluvial, despois de 24 anos (de gobernos de PSOE e PSOE e BNG) e é incapaz de ofrecer unha zona de baño no Miño”.

Apela a informes de distintas administracións, “asinados por técnicos e non políticos” que indican “o lugar máis idóneo, desde o punto de vista medio ambiental pero tamén desde o punto de vista de seguridade”.

Dito isto puxo en valor o acontecido en localidades limítrofes á de Lugo onde non se produciu ningún problema á hora de autorizar este tipo de praias fluviais por parte do goberno galego.

ÚLTIMAS

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...