InicioAncaresPedrafita comeza a recuperar a normalidade logo da caída do viaducto

Pedrafita comeza a recuperar a normalidade logo da caída do viaducto

Abre este sábado o novo ramal de desvío do tráfico da autovía A-6 para reducir o paso a través da localidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) abre este sábado o novo ramal de desvío do tráfico da autovía A-6, co obxectivo de reducir con iso o paso a través da travesía de Pedrafita do Cebreiro.

Así o anunciou este venres a secretaria de estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, nun acto no Concello de Lugo xunto á alcaldesa. “Este novo desvío será utilizado por todos os vehículos que circulen con sentido Madrid e adicionalmente, en xanela nocturna, polos transportes especiais”, destacou.

Así, explicou que o uso deste desvío polos transportes especiais “evitará a necesidade de utilizar rutas de paso alternativas a través da A-52, a AP-53 ou a AP-9”. Ademais, sinalou que, “como é lóxico, e tal como foi anunciado o pasado 2 agosto por esta mesma vía, as exencións de pago de peaxe para estes vehículos a través da AP-53 e AP-9 deixarán de estar vixentes”.

Á METADE

Coa posta en servizo deste desvío, segundo o ministerio, reducirase á metade a intensidade media diaria de vehículos a través da travesía.

En concreto, Pardo de Vera asegurou que se pasará duns 10.000 vehículos ao día actuais (que chegan a 12.000 en período estival) aos 5.000 vehículos diarios “aproximadamente”, o que inclúe un 30% de vehículos pesados. Así, está previsto que se pase do actual tránsito de 3.000 camións ao día, a uns 1.500 camións diarios.

Con iso, a travesía de Pedrafita do Cebreiro recibirá “só” o tráfico sentido A Coruña e volverá a unha intensidade de tráfico “análoga á que existía antes do 7 de xuño de 2022”, data na que se activaron os actuais desvíos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...