InicioEconomíaA hostalaría lucense celebra un verán "de cifras prepandemia" e prevé un...

A hostalaría lucense celebra un verán “de cifras prepandemia” e prevé un bo setembro

A crise do gas e o alto prezo dos combustibles soben os prezos, pero non frea o consumo de lecer.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Agosto despídese nun verán que deixa bos datos para a hostalaría lucense. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, fala de “cifras prepandemia” nun balance “positivo” do período estival.

Os hoteis en Lugo rozaron o 80% da súa ocupación, “algo que non se vía desde o 2018/2017”, e esperan con boa perspectiva que setembro sexa un mes atractivo para as persoas visitantes. Segundo Real, setembro sempre “colea” e seguen aparecendo na provincia de Lugo algúns turistas dispostos a “gozar do lecer e a gastronomía”, aínda que con matices.

“A pesar de que en setembro sempre hai visitantes, é certo que depende moito do tempo que faga. Se chove, a afluencia baixa. Outro ano pediriamos bo tempo, pero despois de todos os problemas coa seca sabemos que a auga é necesaria”, admite.

Segundo os seus cálculos, a ocupación hoteleira neste noveno mes do ano estará entre o 50% e o 60%, cifras que lles fan abrazar con “optimismo” o peche de tempada.

CRISE ENERXÉTICA

O presidente da APEHL fala, tamén, de como está a repercutir no sector a crise enerxética e o elevado prezo dos carburantes. “O gas subiu, o petróleo subiu e isto o que provoca é que os custos se disparen e tamén repercuta nos prezos porque, evidentemente, unha empresa non se pode soster a base de perdas“, exclama.

No entanto, Cheche Real quere destacar que, a pesar deste incremento dos custos, o prezo do produto, das cartas e os menús “non soben no mesmo porcentaxe”, polo que pon en valor o “esforzo” da hostalaría lucense para coidala e adaptala ás necesidades e demandas da clientela.

Tras a pandemia e os peches obrigados polas restricións nos últimos dous anos, Real recoñece que “houbo casos nos que non se puideron soportar e pecharon”, pero polo xeral “o sector está a saber reinventarse e facer fronte a todas as crises, a da enerxía agora e a sanitaria antes”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...