InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo un home buscado por tráfico de drogas e que...

Detido en Lugo un home buscado por tráfico de drogas e que estaba a alterar a orde nun local

Foi identificado nun establecemento da rúa Río Navia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home sobre o que pesaba unha requisitoria xudicial, e que foi identificado por estar a causar molestias e alterando a orde nun establecemento da cidade.

Os feitos ocorreron na mañá deste luns, cando o 092 recibiu un aviso sobre a presenza dunha persoa que estaba a causar molestias nun establecemento da rúa Río Navia.

Os axentes que se trasladaron ao lugar identificaron o sospeitoso, un home de 49 anos de idade. Ao comprobar os seus datos, verificaron que sobre el pesaba unha requisitoria xudicial de procura e detención por tráfico de drogas.

Por estes feitos, o home foi detido e trasladado a dependencias policiais, e incoáronse dilixencias para polo a disposición da autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...