InicioMedioambiente e PatrimonioSamurais, pezoeiras e batallas xudiciais... coñece os segredos de San Paio de...

Samurais, pezoeiras e batallas xudiciais… coñece os segredos de San Paio de Narla

Queremos vivir unha experiencia diferente? Enriquecedara sempre. Porque esa é a filosofía destes museos, queremos pasar de puntillas como espectador a ver o que hai ou queremos vivir o museo? Se escolles a segunda opción entras nun novo mundo cheo de mil alternativas de viaxe, de experimentación e coñecemento, tamén de sentimento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A base da educación debería ser ese sistema que percibe as túas potencialidades e as incentiva, ademais de educarnos nesas cuestións que eran básicas e xa non sei que cuestións eran porque agora xa non se ensinan ou non son básicas. Ao que ía é que na EXB, no instituto e na facultade tiven a sorte de ter alomenos en cada etapa unha educadora e educador que me inspiraron, me motivaron e incentivaron. Iso ocorría porque as dúas partes tiñamos a mesma vontade, sintonizamos.

PUBLICIDADE
Adéntrome no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, incriblemente por primeira vez, digo incriblemente porque estando en Friol, as distancias non son escusas, estou na provincia. San Paio de Narla nunha mañá de calor recíbete con ese verde rodeado de sombra e esa pedra que auguran fresco.

COMO NA CASA

Narla é como estar na casa, non é alleo. Xa o viviches ou corre polo teu sangue. Só tes que entrar.

Aquí comeza todo. Con Narla nace a rede, en 1985 trasládase a sección de etnografía da Deputación ao Castelo. No 2003 e despois dunha viaxe a Polonia nace Narla como museo etnográfico. Un museo que non tiña nada no seu interior e encheuse de vida. De recordos e historias, de memoria, a túa, a miña, a nosa.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...