InicioSociedadeDenuncian atrasos nas valoracións de discapacidade en Lugo

Denuncian atrasos nas valoracións de discapacidade en Lugo

Pide que sexa posible sacar adiante os expedientes con maior rapidez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL) alertou ao Consello Galego de Benestar dos “importantes” atrasos nas citas para as valoracións de discapacidade no Centro Base de Valoración de Lugo, no que, denuncian, aínda non se tramitaron solicitudes que se presentaron en agosto de 2021.

Nun comunicado, o sindicato, sinalou que esta situación está a crear “importantes prexuízos” para as familias e persoas con diversidade funcional que necesitan de “forma urxente” a activación dos coidados necesarios en materia de dependencia.

Así, indicou que o “primeiro prexuízo” que padecen estas persoas é que a administración pública tarde en darlle acceso a “os dereitos socialmente alcanzados para acompañar unha situación de discapacidade” e engadiu que tamén teñen “dificultades de carácter administrativo e de xestión cotiá”.

En relación a iso, fixeron referencia a “as persoas que fixeron a declaración da renda sen saber se tiñan dereito a deducións polo grao de discapacidade e que se chegan a ter estarían obrigadas a facer unha declaración rectificativa ou complementaria”. Por todo isto, o SLG-CCLL instaron ao Consello Galego de Benestar a dirixirse á Consellería de Política Social para que se liquide esta problemática, dotando dos medios humanos e técnicos necesarios para que sexa posible sacar adiante os expedientes con maior rapid

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...